O Dado-Dadá é un Club de Jazz no que ademais teñen lugar outros actos culturais. Dende 1980 —ano en que abreu as súas portas ó publico— ten unha intensa e variada actividade: música jazz, clásica, folk, canción de autor, maxia, teatro, contacontos, presentación de libros e discos, conferencias, proxección de curtametraxes, etc.

Dende a presentación dos primeiros discos de Milladoiro desfilaron polo seu pequeno escenario grandes artistas, tanto nacionais como internacionais: Pedro Iturralde, Barry Harris, Raimundo Amador, Juan Tamariz, Anthony Blake, Pepe Carrol, Ismael Serrano, Javier Krahe, Amaral...

Dado Dadá colabora no ámbito nacional co Instituto da Xuventude (INJUVE) na promoción de xoves músicos e con "Artistas en Ruta" (AIE) para as súas xiras. Ademais, é a sede da Asociación Cultural galega "A Musa" (Asociación de Música e Arte) e o punto de encontro dos Magos galegos.

Ademais, foi escenario da gravación do último disco do Mestre do Jazz español, Pedro Iturralde, titulado "Etnofonías. Peregrinaxe musical a Compostela". O álbum foi producido por DADO-DADÁ RECORDS, inaugurándose así o selo discográfico propio do local. Este selo é o primeiro creado en España para editar e publicar concertos de Jazz en vivo e en directo.